Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46184

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (273/2012).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente, anuncia que no presente procedemento, seguido por instancia de Jesús Hernández García fronte a José Luis Orozco Diezma se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 40/2013.

Ourense, 12 de marzo de 2013.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade, os autos de xuízo ordinario 273/2012, seguidos ante este xulgado por instancia do procurador Ángel Soto Pérez, quen actúa en nome e en representación de Jesús Hernández García, asistido do letrado Casimiro Iglesias Ferreira, contra José Luis Orozco Diezma, en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Seguiron antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvo:

Que estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador Ángel Soto Pérez, en representación de Jesús Hernández García, contra Jesús Luis Orozco Diezma, condeno a este demandado a aboar ao demandante a cantidade de 88.600 €, máis os xuros legais desa cantidade desde a data da demanda ata a data desta resolución. Desde esta data ambas as cantidades (principal e xuros de demora) devindican o tipo de xuro previsto no artigo 576 da LAC, ata o seu efectivo pagamento.

Non se fai expresa imposición de custas.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación. O recurso débese interpor ante este xulgado na forma indicada no artigo 458 da LAC.

Indícase ao/aos recorrente/s que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpoñelo non se acredita documentalmente ter constituído o depósito de 50 € que para recorrer exixe a disposición adicional 15 da LOPX, así como ter liquidado a taxa creada pola Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o demandado José Luis Orozco Diezma, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de edicto de notificación en forma e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de marzo de 2013

A secretaria xudicial