Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46182

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (782/2004).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto 138/2012

Pilar Domínguez Comesaña

En Ourense o cinco de xuño de dous mil doce.

Feitos:

Primeiro. Elizabeth Fernández Bargiela, representada polo procurador Francisco Pérez Pérez, formulou demanda de exequátur sobre recoñecemento da sentenza firme de divorcio ditada o 26 de maio de 2004 pola sala oitava do Xulgado do Civil de Santiago de Chile pola que disolveu, por nulidade matrimonial, o matrimonio contraído por Elizabeth Fernández Bargiela, de nacionalidade española e Claudio Gabriel Bustamante Vergara, de nacionalidade chilena, do cal non houbo descendencia.

Segundo. Intentouse emprazamento do esposo, remitindo a oportuna comisión rogatoria a Chile, devolta por falta de localización polo cal se levou a cabo a audición por edictos. Igualmente, deuse traslado ao Ministerio Fiscal que emitiu informe favorable sobre o recoñecemento. Seguiron razoamentos xurídicos.

Parte dispositiva:

Estimando a demanda de exequátur presentada polo procurador Francisco Pérez Pérez en nome e representación de Elizabeth Fernández Bargiela fronte a Claudio Gabriel Bustamante Vergara, debo declarar e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza ditada pola sala oitava do Xulgado do Civil de Santiago de Chile o 26 de maio de 2004 que declarou disolto, por nulidade matrimonial, o matrimonio contraído polos cónxuxes Elizabeth Fernández Bargiela e Claudio Gabriel Bustamante Vergara.

Unha vez notificada esta resolución, anótese no Rexistro Civil correspondente onde está inscrito o matrimonio, xuntándose testemuño da presente resolución e da sentenza ditada polo xulgado de Chile.

Contra este auto non cabe recurso.

Así por este auto o dispoño, mando e asino. Dou fe.

A maxistrada xuíza O/a secretario/a»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Claudio Gabriel Bustamante Vergara, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación en forma.

Ourense, 5 de xuño de 2012

O/a secretario/a