Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46180

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2960/2012-IS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2960/2012-IS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 716/2010 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: José Vázquez Brañas.

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. (ADYS 2003), Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. nº 15.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial), Miguel Ángel Forteza Gil, Lorenzo Sabell Peláez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2960/2012 desta sección, seguido por instancia de José Vázquez Brañas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. (ADYS 2003), Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. nº 15 sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimar o recurso interposto por José Vázquez Brañas contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña nos autos sobre seguridade social 716/2010 do 5 de decembro de 2011, seguidos por instancia do recorrente contra o INSSS, Mutua Umivale, empresa ADYS 2003, S.A., Servizo Galego de Saúde, que se deberá confirmar na súa integridade. Sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co nº 1552 e deberá indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “35 social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles. Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a ADYS 2003, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2014

A secretaria xudicial