Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46178

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6274/2012-IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6274/2012 desta sección, seguido por instancia de Camila Sotelo Camoeiras contra La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Groupama Plus Ultra Seguros y Reaseguros, S.A., Construcciones Paraño, S.A. (S.A. de Obras y Servicios Copasa), Representaciones Pan Rodo, S.L., Sánchez y Lago, S.L., UTE Caldas, Mapfre Seguros de Empresas, S.A., Santiago Docampo de la Lama, Manuel Fondo Bellón, Irsovalor, S.L., Rafael Rodríguez López, sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución: que, desestimando a excepción de incompetencia de xurisdición, e estimando o recurso de suplicación interposto pola demandante contra a sentenza de data 28 de setembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, anulamos a sentenza contra a que se recorre e devolvemos os autos ao xulgado de instancia co fin de que, con absoluta liberdade de criterio, proceda a ditar unha nova sentenza que entre a resolver sobre o fondo do asunto.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a UTE Caldas, Irsovalor, S.L., e Rafael Rodríguez López, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial