Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45517

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5442/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5442/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 204/2011, Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrente: Fogasa.

Avogado: avogado do Estado.

Recorridos: Ferlosa, S.L., Manuela Romero Galán, Víctor Sánchez López, José Benito López Ferreiro.

Avogada: María Teresa Souto Neira.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5442/2012 desta Sección, en que foi recorrente o Fogasa e recorridos a empresa Ferlosa, S.L. Manuela Romero Galán, Víctor Sánchez López e José Benito López Ferreiro, sobre o Fondo de Garantía Salarial, se ditou con data do 24 de setembro de 2014 sentenza que, copiada nos particulares necesarios, di:

Resolvemos que estimamos o recurso de suplicación formulado polo Fondo de Garantía Salarial, contra a sentenza do 18 de xuño de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, en autos número 204/2011, seguido por instancia de Manuela Romero Galán sobre reclamación de cantidade, revogando a expresada resolución e absolvendo a entidade demandada da petición formulada no escrito reitor do procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se o recorrente non está exento de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Ferlosa, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de outubro de 2014

A secretaria xudicial