Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45515

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2173/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2173/2014 seguido por instancia de María de la Paz Álvarez Regueiro contra Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, Asesoría Técnica Administrativa, S.L., ADE Asesores de Empresa, S.L., Pérez Fadon Asesores, S.L., Grupo Noecor, S.L., Herfran Asesores, S.L., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Ministerio Fiscal, Antonio Toca Carús, Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende, B&L Consultores, S.L., Centro Medico San Miguel, S.L.U., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A. sobre dereitos fundamentais, se ditou sentenza o día 29 de xullo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Resolvemos:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto por María de la Paz Álvarez Regueiro contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela con data do 9 de xaneiro de 2014 e con revogación da súa resolución, debemos declarar vulnerado o dereito á liberdade sindical e da garantía da indemnidade, condenando a demandada Segarpel, S.L. a que lle aboe á demandante, en concepto de indemnización, a suma de 6.000 euros, con absolución dos restantes codemandados.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se o recorrente non está exento de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Antonio Toca Carús, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de outubro de 2014

A secretaria xudicial