Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (505/2012).

Procedemento ordinario 505/2012 F.

Sobre: ordinario.

Demandantes: Antonio Vázquez Sánchez, Carlos Núñez Mera, Pablo Fernández Cambiazo.

Demandados: Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 505/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Vázquez Sánchez, Carlos Núñez Mera, Pablo Fernández Cambiazo contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto: 601/2014.

Procedemento ordinario 505/2012-F.

Sobre: ordinario.

Demandantes: Antonio Vázquez Sánchez, Carlos Núñez Mera, Pablo Fernández Cambiazo.

Demandados: Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decreto.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 6 de outubro de 2014

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 9 de maio de 2012 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 a demanda de reclamación de cantidade presentada por Antonio Vázquez Sánchez, Carlos Núñez Mera, Pablo Fernández Cambiazo fronte a Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación/xuízo para o día 1 de outubro de 2014 ás 10.10 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceron os demandantes que estaban debidamente citados.

Fundamentos de dereito:

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, terase por desistido da súa demanda (artigo 83.2 da LXS).

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a Antonio Vázquez Sánchez, Carlos Núñez Mera, Pablo Fernández Cambiazo da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta no Santander, e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso faise mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que ser recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña , 6 de outubro de 2014

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial