Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (445/2012).

Procedemento ordinario 445/2012 F.

Sobre: ordinario.

Demandante: Nicolás Fernández Neira.

Demandados: Hemoprens Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 445/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicolás Fernández Neira contra a empresa Hemoprens Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Materia: cantidade.

Sentenza: 462/2014.

Procedemento: autos número 445/2012.

Sentenza:

A Coruña, 2 de outubro de 2014.

Vistos por Miguel Ferreiro Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 445/2012, seguidos por instancia de Nicolás Fernández Neira, asistido polo letrado Sr. Pousa Merens, fronte á empresa Hemoprens Galicia, S.L., que non comparece, con intervención do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Nicolás Fernández Neira fronte a Hemoprens Galicia, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 12.794,14 euros de principal, que se incrementará co xuro legal en canto á indemnización (6.327,51 euros) e cos xuros do artigo 29.3 do ET en canto aos conceptos salariais, en ambos os casos para computar desde a interpelación mediante papeleta de conciliación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou causa habente súa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hemoprens Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de outubro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial