Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45338

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (259/2012).

Procedemento ordinario 259/2012.

Sobre: reclamación de cantidade.

Demandante: Banco Santander Central Hispano, S.A.

Procuradora: Margarita Pereira Rodríguez.

Avogado: Jesús Ángel del Río Varela.

Demandados: Rosario Novio Vaquero, Carmelo Aparisi Boix.

Belén Pereira Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fai saber que nos autos de xuízo ordinario 259/2012 que se seguen por instancia do Banco Santander Central Hispano, S.A. fronte a Rosario Novio Vaquero, Carmelo Aparisi Boix, en reclamación de 37.254,99 euros, en data 2 de xullo de 2014 a xuíza María José Caramés Blanco ditou sentenza cuxa decisión é do seguinte teor literal:

«Decisión:

Estimo a demanda interposta pola procuradora Margarita Pereira Rodríguez en nome e representación da entidade Banco Santander Central Hispano, S.A. contra Carmelo Aparisi Boix e Rosario Novio Vaquero, e debo condenar e condeno os demandados a aboarlle ao Banco Santander Central Hispano, S.A. a cantidade de 37.254,99 €, máis os xuros correspondentes da citada cantidade. Todo iso coa condena en custas dos demandados.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interporse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte á notificación daquela.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentenzas, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma aos demandados Rosario Novio Vaquero e Carmelo Aparisi Boix, en ignorado paradoiro, expido, selo e asino o presente edicto.

Vilagarcía de Arousa, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial