Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45336

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3219/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3219/2012 FF.

Xulgado de orixe/autos: demanda 30/2012 Xulgado do Social número 2 de Ourense.

Recorrente: Nuria García Mill.

Avogado: Cándido Soria Fortes.

Recorridos: Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., Carina Ferreiro Gómez, Adosinda Rodríguez Fernández, Constantino González Castro.

Avogado: avogado do Estado.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3219/2012 desta sección, seguido por instancia de Nuria García Mill contra a Sociedade Estatal Correos y Telégrafos, S.A., Carina Ferreiro Gómez, Adosinda Rodríguez Fernández, Constantino González Castro, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Nuria García Mill contra a Sentenza do 8 de marzo de 2012 do Xulgado do Social número 2 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, S.A., así como contra Carina Ferreiro Gómez, Adosinda Rodríguez Fernández e Constantino González Castro, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Carina Ferreiro Gómez, con último domicilio coñecido na rúa Progreso, nº 52, Ourense, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de outubro de 2014

A secretaria xudicial