Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45226

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (847/2010).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza de data 24 de abril de 2012 cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que estimando a demanda de xuízo verbal interposta pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza en nome e representación de Martha Liliana Estrada Arias asistida do letrado Sr. Sánchez Brunete fronte a Jesús Esmorís Parga, maior de idade, salientado en autos declarado en rebeldía procesual con intervención do Ministerio Fiscal en representación dunha filla menor de idade habida en común procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

Primeiro. Garda e custodia

Atribución á demandante da garda e custodia da filla menor sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. Réxime de estadías e comunicación

Como réxime de estadías e comunicación do pai coa filla común establécese fins de semana alternos desde o venres ás 20.00 horas ata o domingo ás 20.00 horas, sendo a entrega e recollida da filla menor sempre na vivenda da nai.

Terceiro. Réxime de vacacións

Establécese o ordinario con división das vacacións por metade e facúltase a nai da menor para elixir o inicio do gozo dos períodos vacacionais.

Cuarto. Pensión de alimentos

Faise expresa aplicación do artigo 771.3 da LAC, con fixación dunha pensión alimenticia a cargo do pai de 200 euros mensuais, actualizables cada ano no IPC o 1 de xaneiro, coa variación experimentada deste dentro dos doce meses anteriores.

Quinto. Gastos extraordinarios

Cada proxenitor deberá aboar o 50 % dos gastos extraordinarios da devandita filla menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios entre outros os derivados da atención da devandita filla menor de idade en sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de prótese, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, o custo de actividades extraescolares ou calquera outro similar, incluída a matrícula, se é o caso, e nun futuro en universidades privadas, etc. e, por fin, calquera de análoga natureza aos antes descritos.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios se dilucidará nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, máis os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de xeito inmediato.

Ademais, a falta de oposición expresa á comunicación de calquera outros gastos extraordinarios nun prazo de dez días por calquera medio fidedigno (sms, email, fax, etc.) equivalerá ao seu consentimento tácito e eximirá a parte que efectuou tales gastos do incidente previo do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 ss e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Esmorís Parga, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012

A secretaria xudicial