Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45224

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (627/2013).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LECN) 627/2013 (dimanante da execución hipotecaria que se tramita ante o Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, co número 206/2012), seguido por instancia de NCG Banco, S.A., contra María Jesús Amelia López Pesqueira e José Costas Martínez, recaeu auto de apelación, con data do 7 de febreiro de 2014, do teor literal seguinte:

«Maxistrados:

– Francisco Javier Menéndez Estébanez.

– Manuel Almenar Belenguer.

– María Begoña Rodríguez González.

Auto número 35.

En Pontevedra, sete de febreiro de dous mil catorce.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

A sala acorda que debemos estimar parcialmente o recurso de apelación formulado por NCG Banco, S.A. representada polo procurador José Manuel González Puelles Casal contra José Costas Martínez e María Jesús López Pesquera representada por Lucía Rodríguez Gesto nos autos de execución de título non xudicial de natureza hipotecaria nº 206/2012 polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, e en consecuencia:

a) Declaramos a nulidade da cláusula solo contida na cláusula 3ª bis letra e) por abusividade debido á falta de transparencia.

b) Condenamos a NCG Banco, S.A. a eliminar á súa custa a citada cláusula do contrato de préstamo hipotecario subscrito cos executados.

c) Declaramos a subsistencia do contrato de préstamo hipotecario en vigor subscrito entre a demandante e a demandada.

d) Non ten lugar á retroactividade desta sentenza, que non afectará os pagamentos xa efectuados polos demandantes, producindo os seus efectos ex nunc.

e) Declárase a nulidade da cláusula que fixa os xuros moratorios no 18 %, que queda sen efecto, debendo procederse a efectuar unha nova liquidación das cantidades vencidas e non pagadas que devindicarán o xuro moratorio ao tipo nominal anual que corresponda dentro dos termos do FX terceiro desta resolución.

f) Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas de ambas instancias.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu original ao que me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a José Costas Martínez, estendo e asino o presente edicto.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2014

Mª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial