Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45222

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3244/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3244/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 675/2011 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: FCC Construcción, S.A. (Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.).

Avogado: José Carlos Palmou Cibeira.

Procurador: Gonzalo Lousa Gayoso.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Construcciones Conde, S.A., Xescon 2004, S.L., María Eva Iglesias Rey, Alexis Delgado Iglesias, Jonathan Delgado Iglesias.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial), José Carlos Hermelo Fernández.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3244/2012 desta sección, seguido por instancia de FCC Construcción, S.A. (Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.) contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Construcciones Conde, S.A., Xescon 2004, S.L., María Eva Iglesias Rey, Alexis Delgado Iglesias, Jonathan Delgado Iglesias sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa FCC Construcción, S.A., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, nos presentes autos tramitados pola súa instancia fronte a Instituto Nacional da Seguridade Social e outros debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza. Con imposición á recorrente das custas causadas no recurso, que incluirán a cantidade de 300 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xescon 2004, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial