Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45220

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4602/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4602/2012 desta sección, seguido por instancia do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) contra a empresa Ferlosa, S.L., Pilar Castro Díaz Administración concursal de Ferlosa, S.L., se ditou o 8 de maio de 2012 a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Fogasa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, con data do 8 de maio de 2012, por instancia de Pilar Castro Díaz contra o recorrente, Ferlosa, S.L. e administradores concursais da devandita entidade, revogamos a sentenza recorrida e, no seu lugar, desestimamos a demanda no seu día presentada e absolvemos o organismo demandado.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámola e asinámola».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ferlosa, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de outubro de 2014

A secretaria xudicial