Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45218

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5200/2012 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5200/2012 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 186/2011 Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrente: Fogasa.

Avogado: avogado do Estado.

Recorrido: José Luis Soto Rodríguez.

Avogada: Mª Teresa Souto Neira.

Recorrido: Ferlosa.

Recorrido: administración concursal de Ferlosa, S.L.

Avogado: José Benito López Ferreiro.

Recorrido: Víctor Sánchez López.

Administración concursal Ferlosa.

R/ Gustavo Freire, 1, 1ª dta., Lugo.

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5200/2012 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra o Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Fogasa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo no proceso de cantidades por instancia de José Luis Soto Rodríguez contra o Fogasa, debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia, e absolvemos o Fogasa das pretensións na súa contra deducidas.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorporarase o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ferlosa, S.L., con último domicilio coñecido no lugar de As Medas do Castelo, s/n, 27320 Quiroga, Lugo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de setembro de 2014

A secretaria xudicial