Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1069/2013).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1069/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto López Cainzos contra a empresa Jesús Muñiz Méndez e Fogasa, sobre ordinario, se ditou, con data do 30 de setembro de 2014, resolución dirixida, entre outros, a Jesús Muñiz Méndez, contra a cal non cabe interpor recurso ningún. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Jesús Muñiz Méndez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial