Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (565/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

Sentenza nº 508/14.

A Coruña, 29 de setembro de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 565/2014 seguidos por instancia de Isabel Lodeiro Martínez, asistida polo letrado Antonio Pousa Merens, contra Restauraciones Pico Fino Coruña, S.L., que non comparece, sobre despedimento.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante Mª Isabel Lodeiro Martínez, condenando a empresa Restauraciones Pico Coruña, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante, procedendo a aboar os salarios de tramitación desde a data de despedimento ata notificación da presente resolución a razón de 44,7 euros diarios, ou ao aboamento dunha indemnización de 3.196 euros.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Restauraciones Pico Fino Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realicen nos estrados do xulgado, salvo as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 1 de outubro de 2014

A secretaria xudicial