Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44936

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (539/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 539/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés Miguel Orgeira Nogueira, Beatriz Regueiro Gómez, Carlos López Picado, Luis Rubén López Teijido contra Renfe Operadora, Servigestión Pérez de Llanos, S.L., UTE UNI2 Acciona, Acciona Servicios Ferroviarios, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Estimar a demanda formulada por Andrés Miguel Orgueira Nogueira, Beatriz Regueiro Gómez, Carlos López Picado e Luis Rubén López Teijido contra Servigestión Pérez de Llanos, S.L., UTE UNI2 Acciona e Acciona Servicios Ferroviarios, S.L., todo condenándoas solidariamente a aboar aos demandantes os seguintes importes:

– Andrés Miguel Orgueira Nogueira: principal 4.640,70 euros; xuros de demora: 1.093,43 euros.

– Beatriz Regueiro Gómez: principal 3.795,42 euros; xuros de demora: 894,26 euros.

– Carlos López Picado: principal 4.058,92 euros; 956,35 euros de xuros de demora.

– Luis Rubén López Teijido: principal 3.458,12 euros; e 814,79 euros de xuros de demora.

2º. Desestímase a acción exercida contra Renfe Operadora.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, derradeiro parágrafo, e 6 inciso primeiro LXS e artigo 33 ET.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, cando se encontraba celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Servigestión Pérez de Llanos, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de outubro de 2014

O secretario xudicial