Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44934

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (547/2014).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 547/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lizania Vázquez Cobelo contra Víctor Gabriel González Romero e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lizania Vázquez Cobelo contra a empresa Víctor Gabriel González Romero e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con opción pola extinción da relación laboral. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización de 204,49 euros.

2º. O Fogasa deberá conformarse coa resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6 inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas no artigo 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, cando celebraba audiencia pública no día da data. Do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Víctor Gabriel González Romero, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de outubro de 2014

O secretario xudicial