Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1153/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

Decreto nº 197/2014.

A Coruña, 4 de abril de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 25 de outubro de 2013 tivo entrada neste tribunal da sala do social, demanda presentada por Rosa María Paz García fronte a Industria Textil Rare, S.L., Textiles de Gijón, S.L., Industria Textil Emsi, S.L., as partes foron citadas para os actos de conciliación e xuízo o día 17 de marzo de 2014 ás 11.15 horas.

Segundo. A parte demandante presentou escrito en que solicita a desistencia do proceso fronte a todos os demandados; deuse o traslado oportuno ás partes para que formulasen as alegacións que coidasen conveniente.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada pola demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede considerar que a demandante desiste da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo considerar que Rosa María Paz García desiste da súa demanda fronte a Industria Textil Rare, S.L., Textiles de Gijón, S.L., Industria Textil Emsi, S.L. neste procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1153/2013.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin terán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Industria Textil Emsi, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que revistan forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 29 de setembro de 2014

A secretaria xudicial