Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (942/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 942/2013, por instancia de Ignacio Pombo Landeira contra Maceiras y Esmorís, administración concursal e Fogasa, sobre cantidade, en que no día 15 de setembro de 2014 se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decido:

Que estimando a demanda interposta polo demandante contra Maceiras Esmorís, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe a cantidade de 8.362,64 euros. Desta cantidade deberá responder, na súa condición de administrador concursal, Gerardo Sánchez-Brunete Varela. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Carpinox Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de setembro de 2014

Encarnación Mercedes Tubío Lariño
Secretaria xudicial