Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (529/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, face saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral número 529/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Orlando Rodríguez Villasuso contra a empresa Transportes Arrive IS S-20, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Orlando Rodríguez Villasuso fronte á empresa Transportes Arrive IS S-20, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena á empresa a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise o traballador ata a data da notificación desta sentenza. E condeno, así mesmo, de forma solidaria a codemandada Gescom Marketing, S.L. ao aboamento dos salarios de tramitación ou á indemnización, segundo a opción realizada.

Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 383,13 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a data de notificación desta sentenza, calculados a razón de 46,44 euros diarios, e que ata a data desta sentenza ascenden a 6.826,83 euros.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo e 6, inciso primeiro da Lei de xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei de xurisdición social, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Transportes Arrive IS S-20, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

O secretario xudicial