Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (174/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 174/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María José Bello López contra Maryria Pescados y Mariscos de Galicia, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

1º. Estimo a demanda formulada por María José Bello López fronte á empresa Maryria Pescados y Mariscos de Galicia, S.L. e condeno a esta a aboar á parte demandante as cantidades seguintes:

– Salarios agosto 2011: 417,29 euros.

– Salarios setembro 2011: 1.825,25 euros.

– Salarios outubro 2011: 1.825,24 euros.

– Salarios novembro 2011: 669,26 euros.

– Vacacións pendentes 2011: 1.075,60 euros.

– Xuros moratorios: 581,27 euros.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación desta resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigacións de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Maryria Pescados y Mariscos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2014

El secretario xudicial