Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (476/2012-F).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 476/2012-F deste xulgado do Social, seguidos por instancia de Constantino Llorente Vega contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza número 445/2014.

A Coruña, 25 de setembro de 2014

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 476/2012 seguidos por instancia de Constantino Llorente Vega, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra Esabe Vigilancia, S.A., e con intervención do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Constantino Llorente Vega fronte a Esabe Vigilancia, S.A., con intervención do Fogasa, e en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.147,93 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe polo maxistrado xuíz se deposita na secretaria deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2014

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial