Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (582/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 582/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Boado García, Juan Antonio Rivas Regal, José Astray Rodríguez, Víctor Amil López contra Aplistone, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

1º. Que estimando a demanda formulada por Jesús Boado García, Juan Antonio Rivas Regal, José Astray Rodríguez, Víctor Amil López contra a empresa Aplistone, S.L., condeno esta a aboarlles a cantidade de 5.539,66 euros a José Antonio Rivas Regal, 5.947,77 a Jesús Boado García, 5.947 a José Astray Rodríguez, e 5.539,66 a Víctor Amil López que lle debe en concepto de salarios. Todo isto incrementado cos seguintes xuros por mora ata a presente sentenza:

– A José Antonio Rivas Regal: 1.306,21 euros.

– A Jesús Boado García: 1.402,44 euros.

– A José Astray Rodríguez: 1.402,44 euros.

– A Víctor Amil López: 1.306,21 euros.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0582.12 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0582.12 a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, cando celebraba audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aplistone, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2014

O secretario xudicial