Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44287

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (373/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 373/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Amboage Tato contra Project Silicom Energy, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza número 345 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 24 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Alberto Amboage Tato, asistido pola letrada Sra. Carril Castro, fronte á mercantil Project Silicom Energy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza de acordo cos seguintes

(…)

Decido:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Alberto Amboage Tato fronte á mercantil Project Silicom Energy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 33.409,29 euros en concepto de indemnización por despedimento, cantidade que se debe incrementar cos xuros do artigo 1108 do Código civil, calculados desde a data do despedimento, e a aboar a cantidade de 36.590,71 euros en concepto de salarios, liquidación, saldo e finiquito, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Non se fai imposición en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Project Silicom Energy, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial