Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de auto aclaratorio (447/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 447/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Miranda Pérez contra Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, Restaura Galicia, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

En Santiago de Compostela o 25 de setembro de 2014.

Antecedentes de feito.

Único. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento di o seguinte:

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Ramón Antonio Romay Cespón, asistido pola letrada Sra. Liste López, fronte á mercantil Restaura Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza de acordo cos seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 214 dispón da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan.

2. As aclaraciones a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por pedimento de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que puideren ter sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto esas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. De se tratar de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contado desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou non proceder completala.

3. Se o tribunal advertir en sentenzas ou autos que dictar as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

4. Non caberá ningún recurso contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se for o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, de ser procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Efectivamente, tal e como sostén a parte solicitante de aclaración, a persoa que compareceu á vista para asistir ao demandante foi a graduada social Sra. Da Palma Sánchez e non quen se di no encabezamento.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que conteñen o encabezamento da sentenza, o cal debe quedar redactado da seguinte maneira:

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Ramón Antonio Romay Cespón, asistido pola graduada social Sra. Da Palma Sánchez, fronte á mercantil Restaura Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza de acordo cos seguintes

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, aínda que, se poderá interpoñer contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial