Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (526/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 526/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Castro Pérez contra Frutas Frugadi, S.L., Fondo de Garantía Salarial ordinario se ditou sentenza nº 342 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de José Castro Pérez, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, fronte á mercantil Frutas Frugadi, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes:

(…)

Decido:

Que estimo integramente a demanda interposta por José Castro Pérez fronte á mercantil Frutas Frugadi, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 27.870,25 euros en concepto de indemnización por despedimento (23.207,90 euros) e salarios de novembro e decembro de 2012 e liquidación de vacacións (4.662,35 euros), cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de demora do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (salarios e liquidación por vacacións) e cos xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento, respecto da indemnización.

Non ten lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Frutas Frugadi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

A secretaria xudicial