Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43801

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (176/2013-F).

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción.

Avogado: Adrián Núñez Fernández.

Demandadas: empresa Hermi Castro Costa e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 176/2013-F deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Hermi Castro Costa e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 422/2014.

Nº de autos: 176/2013.

A Coruña, 18 de setembro de 2014.

Eu, Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, logo de ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Fundación Laboral de la Construcción, que comparece representada e asistida polo letrado Jesús Ángel Rodríguez Ferreiro, e doutra, como demandadas, a empresa Hermi Castro Costa e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa). Ningunha das dúas comparece malia estaren citadas en legal forma.

Resolvo.

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra Herminia Castro Costa e, en consecuencia, condénase a parte demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 36,98 € en concepto de principal e recarga por mora.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Hermi Castro Costa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial