Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (247/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 247/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fabiola Lema Cotelo contra Promociones Riocesures, S.L. sobre despido, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que a demandante foi obxecto, condenando o demandado Promociones Riocesures, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.194,5 euros en concepto de indemnización ou, no caso de optar pola readmisión da demandante, ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data de despedimento e a presente resolución cuantificados a razón de 33,4 euros diarios.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo. Así por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Promociones Riocesures, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 19 de setembro de 2014

A secretaria xudicial