Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (716/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 716/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amancio José García Garabal contra Excavacions Migasa, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou Sentenza 338 co encabezamento e decisión do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 16 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Amancio José García Garabal, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, fronte á mercantil Excavaciones Migasa, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constar debidamente citados, dítase a presente sentenza de acordo cos seguintes

(…)

Decido:

Que estimo integramente a demanda interposta por Amancio José García Garabal fronte á mercantil Excavaciones Migasa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.566,64 euros en concepto de vacacións (86,00 euros), paga extra de xuño (214,18 euros) e indemnización (2.284,46 euros), cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto dos conceptos salariais (vacacións e paga extra) e cos xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento, respecto da indemnización.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

A secretaria xudicial