Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43806

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de notificación de sentenza (PO 455/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 455/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Torreiro Cea contra o Fogasa, Ricarnet, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza número 336 cuxos encabezamento e parte dispositiva son do teor literal:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Adrián Torreiro Cea, asistido polo letrado Sr. García Vidal, contra a mercantil Ricarnet, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Resolvo:

Que estimo integramente a demanda interposta por Adrián Torreiro Cea contra a mercantil Ricarnet, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil Ricarnet, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 10.950,38 euros en concepto de salarios de abril a novembro de 2012 e xaneiro de 2013 e aviso previo, cantidade que debe ser incrementada cos xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Non hai lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ricarnet, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

A secretaria xudicial