Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43800

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (11/2014).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decido que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora señora Domelo Gómez en nome e representación de Marta María Rey Blanco, asistida do letrado señor Castro Vega, fronte a Fabio Andrés Mora Marín, maior de idade, indicada en autos declarado en rebeldía procesual e sen intervención de Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos litigantes o día 18.3.2004 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 96, páxina 212, do rexistro civil desa localidade, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. do Código civil, transcorrido máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto en la disposición adicional 15º da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, expídese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

María del Carmen Vázquez Rodríguez
Secretaria xudicial