Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43797

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (garda, custodia e alimentos 466/2012).

Decido:

Que, considerando parcialmente a demanda de xuízo verbal interposta polo procurador Sr. Regueiro Muñoz en nome e representación de Ver PDF, asistida do letrado Sr. Varela Balay a Martín Javier Aguirre, declarado en rebeldía procesual con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de filla menor de idade na relación análoga á conxugal das partes, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Atribución á demandante da garda e custodia sobre a filla común, sendo a patria potestade de titularidade compartida por ambos os dous proxenitores mais de exercicio exclusivo pola demandate, a cal é facultada en exclusiva do exercicio das decisións ordinarias incluídas actividades educativas, itinerarios formativos, actividades extraescolares, de lecer, vacacións e as decisións extraordinarias que interesen ao beneficio da menor.

2º. Atribución á demandante e filla común menor de idade do uso do domicilio sito en Brañas de Atán nº 2 baixo, Cacheiras, Teo.

3º. Recoñecemento ao demandado dun réxime de estadías e comunicación como proxenitor non custodio limitado inicialmente, progresivo e flexible con presenza da demandante en, polo menos, os primeiros tres meses e subordinado na súa progresión á acreditación dunha mínima constancia, adecuación e interese do demandado.

En ausencia de acordo das partes sobre o seu lugar de desenvolvemento e precedendo requirimento expreso do demandado, o devandito réxime de estadías e comunicación do proxenitor non custodio dará inicio no punto de encontro familiar nos termos antes enunciados e que precisan as técnicas do citado punto de encontro familiar.

4º. Prohibición de saída da menor ao estranxeiro sen autorización expresa previa documentada da nai ou, en caso de desacordo de ambos os proxenitores, con previa autorización xudicial.

Así mesmo, queda vedada a expedición de pasaporte á menor polo pai desta.

Remítanse para tal efecto os preceptivos oficios ás F.C.S.E. consignando datos completos de filiación de ambos os proxenitores e da menor.

5º. Pensión de alimentos a cargo do demandado en favor da filla común de
400 €/mes actualizable anualmente, que se aboará nos cinco primeiros días de cada mes de xeito anticipado na conta bancaria da demandante do Banco Santander 0049-4363-65-20900011897.

Procede retrotraer a eficacia da devandita pensión de alimentos á data de demanda, pois a STS do 14.6.2011 precisa que, se se fixan por vez primeira os alimentos, os efectos retrotráense á demanda, mentres que se se trata de modificación da contía previamente fixada, os efectos se producirán desde a data de sentenza/auto.

6º. Cada proxenitor deberá aboar, así mesmo, a metade dos gastos extraordinarios da filla que teñen en común. Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención do devandito fillo en sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas ou calquera outro similar, incluída a matrícula, se for o caso e nun futuro, en universidades privadas, etc. e, por fin, calquera de análoga natureza aos antes descritos sempre que non fosen expresamente previstos ao fixar de xeito previo a contía da pensión de alimentos. Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios dilucidarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, mais os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de xeito inmediato.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Ilustrísima Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 ss e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo Sr. xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014