Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (380/2014)

Despedimento obxetivo individual 380/2014.

Procedemento orixe: sobre despedimento.

Demandante: María José Santamaría Sampedro.

Demandados: Central de Contratación Electrónica, S.L. e Fogasa.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 380/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Santamaría Sampedro contra a empresa Central de Contratación Electrónica, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

Estimar a demanda sobre despedimento formulada por María José Santamaría Sampedro fronte a Central de Contratación Electrónica, S.L.U. e Fogasa e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado, acordando a extinción da relación laboral na data desta resolución así como condena da demandada a aboar a indemnización por despedimento na cantidade de 8.266,80 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala de lo Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da Leu de procedemento laboral, pasados os cales quedará firme en dereito.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Central de Contratación Electrónica, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial