Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (401/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento de obxectivo individual 401/2014 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Eduardo Fontao Gómez contra a empresa Sociedad Cooperativa Copas de Responsabilidad Limitada, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa decisión se achega:

«Decido

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Eduardo Fontao Gómez, asistido polo letrado Sr. Corujo Martínez, contra a entidade Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, e Fogasa que non comparece neste acto, sobre despedimento obxectivo individual, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 39,40 euros/día) ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 8.872,80 euros.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sociedad Cooperativa Copas de Responsabilidad Limitada en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial