Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (389/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 389/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Emilio Abeijón Torrado contra a empresa Fogasa, Restaura Galicia, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido.

Estimar a demanda sobre resolución da relación laboral e reclamación de cantidade promovida por Emilio Abeijón Torrado fronte a Restaura Galicia, S.L., declarando extinguida a relación laboral existente entre Emilio Abeijón Torrado na data da presente resolución e estimar a acción de despedimento declarando a súa improcedencia condenando a empresa demandada a que aboe ao demandante as seguintes cantidades:

1º. 7.248,95 euros en concepto de indemnización.

2º. Igualmente, condeno a demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 9.967,67 euros brutos en concepto de salarios debidos, incrementados cos xuros do artigo 29.3 Estatuto dos traballadores nos termos sinalados no fundamento de dereito quinto desta sentenza.

Todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala de lo Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, pasados os cales quedará firme en dereito.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado»

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial