Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43638

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (197/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 197/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Domínguez López, Teresa Bar Doamo, contra Laura Álvarez Mata, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, foi ditada resolución firme cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Laura Álvarez Mata en situación de insolvencia parcial polo importe de 41.005,75 euros en concepto de principal, máis outros 2.140,67 fixados provisoriamente para xuros e custas da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Que se proceda á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., indicando no campo concepto, «recurso» seguido do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación e constancia en relación coa insolvencia de Laura Álvarez Mata con DNI 79335895-E, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014

A secretaria xudicial