Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (176/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 176/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar López Iglesias contra Tivolino Compostela, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Pilar López Iglesias, asistida pola letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Tivolino Compostela, S.L., que non comparece neste acto, sobre despedimento, e debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e en consecuencia debo condenar e condeno a mercantil demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento, se é o caso, dos salarios de tramitación a razón de 43,32 €/día desde o día do despedimento ata a data de notificación da sentenza ou ben, á elección da empregadora, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

A opción referida entre a readmisión e a indemnización deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que debe aboar a demandada será de 3.996,27 €.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tivolino, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

A secretaria xudicial