Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (285/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 285/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Faustino Barcia Carro contra Marcos Rodríguez Rodríguez, Limpival e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 350/2014.

A Coruña, 11 de agosto de 2014.

Decido.

1º. Desestimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Faustino Barcia Carro fronte a Marcos Rodríguez Rodríguez e Limpival, e, en consecuencia, absólvoo dos pedimentos formulados fronte a eles.

2º. Estimo parcialmente a acción de reclamación de cantidades debidas formulada por Faustino Barcia Carro fronte a Marcos Rodríguez Rodríguez e Limpival e, en consecuencia:

a) Condeno a Marcos Rodríguez Rodríguez a lle aboar ao traballador a suma de 307,12 euros por salarios debidos.

b) Condeno a empresa Limpival a lle pagar ao traballador a cantidade de 12,80 euros por razón de vacacións percibidas e non gozadas.

3º. O Fogasa deberá de pasar pola presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causas seu ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Marcos Rodríguez Rodríguez; Limpival, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de setembro de 2014

O secretario xudicial