Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (223/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 223/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Moreno Cruz contra Euclides Información, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto:

Xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 24 de xullo de 2014.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 9.7.2014. A demandada solicitou a aclaración de tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado con data do 15.7.2014.

Parte dispositiva.

Procede rectificar a sentenza ditada neste procedemento no seguinte sentido:

• No fundamento de dereito segundo, parágrafo terceiro, debe dicir «a tramitación da baixa non voluntaria deste traballador».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación a Euclides Información, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de setembro de 2014

A secretaria xudicial