Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (447/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 447/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Miranda Pérez contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Restaura Galicia, S.L., sobre ordinario, se ditou Sentenza número 334, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Francisco Miranda Pérez, asistido pola letrada Sra. Liste López, fronte á mercantil Restaura Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia contar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes.

(…)

Decisión.

Que estimo integramente as demandas interpostas por Francisco Miranda Pérez fronte a Restaura Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral existente entre Francisco Miranda Pérez e a mercantil demandada no día de hoxe (15 de setembro de 2014), e declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos do 8 de maio de 2014, e condeno a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade de 16.598,92 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial