Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (499/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 499/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Berta María Lorenzo Lajos contra Servanza, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 333 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Berta María Lorenzo Lajos, asistida pola letrada Sra. Liste López, fronte á mercantil Servanza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes.

(…)

Decisión.

Que estimo integramente a demanda interposta por Berta María Lorenzo Lajos fronte á mercantil Servanza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 7.552,44 euros en concepto de diferenzas salariais de abril e maio de 2012 (30,36 euros), salario do mes de xuño 2012 (529,95 euros), parte proporcional de vacacións (412,45 euros) e indemnización por despedimento (6.501,32 euros), cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (diferenzas salariais, salarios e vacacións) e cos xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento, respecto da indemnización por despedimento.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial