Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (503/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 503/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Redondo Esparís contra Daviña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 331, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de José María Redondo Esparís, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, fronte á mercantil Daviña, S.L., a administración concursal (Carlos Paz Costas) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Decido.

Que estimo integramente a demanda interposta por José María Redondo Esparís fronte á mercantil Daviña, S.L., a administración concursal (Carlos Paz Costas) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 14.434,42 euros en concepto de 23 días de salario de abril de 2013 (1.150,46 euros), parte proporcional de vacacións (402,29 euros), complemento de dispoñibilidade de 2012 (1.018,55 euros), indemnización por falta de aviso previo (771,00 euros) e indemnización por despedimento (11.092,12 euros), cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (salario, vacacións, complemento de dispoñibilidade e aviso previo) e cos xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento, respecto da indemnización por despedimento, e condeno a Pablo Fraga Varela a estar e pasar por esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Daviña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e o taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial