Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (526/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 526/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Francisco Santos Dios contra Moldsan, S.L.U., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza número 324, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 526/2014, seguidos por instancia de Juan Francisco Santos Dios, representado pola letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Moldsan, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen neste acto malia estaren citados, sobre despedimento obxectivo individual.

Decido:

Que admito integramente a demanda interposta por instancia de Juan Francisco Santos Dios, representado pola letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Moldsan, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen neste acto malia estaren citados, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola mercantil con efectos do 25 de maio de 2014.

2. Declaro extinguida no día de hoxe (10.9.2014) a relación laboral existente entre Juan Francisco Santos Dios e a entidade Moldsan, S.L.U.

3. Condeno a empresa Moldsan, S.L.U. a aboarlle á parte demandante a cantidade de 3.088,8 euros en concepto de indemnización.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á presente notificación, segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Moldsan, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

A secretaria xudicial