Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (351/2013 M).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Manuel Heredia Ferro contra a empresa Stock Tres Mantenimiento y Distribuciones, S.A. e outros no procedemento de seguridade social 351/2013 se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014.

O anterior escrito presentado pola parte demandante únase e confírase traslado do desistencia ás demandadas co fin de que no prazo de dez días manifesten a súa conformidade ou desconformidade con este, facéndolles saber que, se non realizan alegacións no prazo conferido, se entenderán conformes con el.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de notificación a Stock Tres Mantenimiento y Distribuciones, S.A., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

A secretaria xudicial