Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42889

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (501/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 501/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esperanza Vaamonde Suárez contra Gespalia, S.L., Fogasa e Concurlex Abogados, S.L.P., sobre ordinario, se ditou sentenza número 323, con encabezamento e decisión do seguinte teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de María Esperanza Vaamonde Suárez, asistida pola letrada Sra. Vila Amarelle, fronte á mercantil Gespalia, S.L., a administración concursal (Concurlex Abogados, S.L.P.) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes.

(…)

Decisión.

Que estimo integramente a demanda interposta por María Esperanza Vaamonde Suárez fronte á mercantil Gespalia, S.L., a administración concursal (Concurlex Abogados, S.L.P.) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.226,00 euros en concepto de salarios e diferenzas salariais (1.313,19 euros), indemnización por despedimento obxectivo (684,61 euros) e aviso previo (228,20 euros), cantidades que deberán ser incrementadas cos xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (salarios e diferenzas salariais e aviso previo) e cos xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento, respecto da indemnización; condeno a Concurlex Abogados, S.L.P. a estar e pasar por esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

A secretaria xudicial