Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42756

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (382/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 382/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Melquíades Gómez Barral contra Central de Contratación Electrónica, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que admito integramente a demanda interposta por Melquíades Gómez Barral, representado pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Central de Contratación Electrónica, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola mercantil con efectos do 25.3.2014.

2. Declaro extinguida no día de hoxe a relación laboral existente entre Melquíades Gómez Barral e a mercantil Central de Contratación Electrónica, S.L.U.

3. Condeno a empresa Central de Contratación Electrónica, S.L.U. a aboarlle á parte demandante a cantidade de 4.183,60 euros en concepto de indemnización.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación, segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Central de Contratación Electrónica, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014

A secretaria xudicial