Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42758

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (375/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 375 /2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Flor Romero Suárez contra Exfoga, S.L., Brauron, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por María Flor Romero Suárez contra Exfoga, S.L. ao Brauron, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que aboen solidariamente á demandante a suma de tres mil setecentos once euros con corenta e tres céntimos (3.711,43 euros) polos conceptos analizados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da devandita cantidade, condenando as demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, coas consecuencias legais inherentes, e debo condenar e condeno o administrador concursal das demandadas, en tal condición de administrador concursal a estar e pasar pola devandita declaración; debendo aterse no que atinxe á responsabilidade do Fogasa ao previsto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Exfoga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

A secretaria xudicial