Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (300/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos 300/2012 por instancia de Juan Selso Castro Vargas contra a empresa Construcciones del Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 1 de setembro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Juan Selso Castro Vargas contra Construcciones del Noroeste, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Construcciones del Noroeste, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de cinco mil cento trinta e seis euros con corenta e nove céntimos de euro (5.136,49 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones del Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de setembro de 2014

A secretaria xudicial